Viernes, 17-05-2024, 2:54 AM
Bienvenido(a) Visitante | RSS
[ Nuevos mensajes · Participantes · Reglas del foro · Búscar · RSS ]
  • Página 1 de 1
  • 1
Foro » Mejillón de Galicia » Enlaces » Percegurú
Percegurú
ManuFecha: Domingo, 24-03-2013, 9:38 PM | Mensaje # 1
General de división
Grupo: Administradores
Mensajes: 353
Reputación: 0
Estatus: Offline
Enlace de Percegurú

Introdución

A predición específica para Percebeiros, PERCEGURÚ, é unha aplicación desenvolvida no ámbito do Proxecto RAIA, para achegar a predición meteorolóxica e marítima ao sector do marisqueo do percebe dunha maneira máis axeitada as súas necesidades.

Para elo, esta especificidade é desenvolvida en dous aspectos:

Ámbito xeográfico: A predición é feita para cada área de marisqueo do percebe e clasificada por confrarías.

Variables de interese: As variables preditas son aquelas de interese para o sector, comezando por a altura, dirección e frecuencia da onda, para pasar ao vento, temperatura da auga, marea, etc.

A predición basease nos modelos meteorolóxicos e de ondaxe desenvolvidos e mantidos por MeteoGalicia. O postprocesado e visualización é mantido polo INTECMAR.

Instrucións

Para acceder a páxina, hai que abrir un explorador e introducir o seguinte enderezo: http://ww3.intecmar.org/percebeiros.

Tras acceder a ela, aparece un mapa coa predición de semáforos, mais aínda non ten escollida ningunha predición por confraría.



PERCEGURÚ componse de tres partes diferenciadas: unha columna á esquerda onde se pode facer diferentes tipos de seleccións e onde se amosa tanto unha vista xeral de Galicia como as lendas e unha pequena axuda; a zona central, que se corresponde co mapa; a columna da dereita, onde se amosan a predición e a táboa de mareas para un determinado punto.

A columna da esquerda consta dun menú para a selección da confraría e data da que se desexa consultar a predición.

Na selección de confraría pódese escoller a confraría da que se desexa consultar a predición.



Na selección das datas pódese mudar a predición de hoxe para calquera dos dous días seguintes.



Unha vez escollida a confraría, o mapa realizará un achegamento a dita confraría.



Esta columna amosa tamén a lenda dos semáforos. Estes semáforos serán verde, amarelo ou vermello dependendo da altura máxima de onda na confraría escollida e no tempo permitido de marisqueo para o día sinalado. Tal como aparece na lenda, o criterio escollido é a altura da onda menor de 2 metros para o sinal verde, de 2 a 3 metros para o amarelo, e maior de 3 para o vermello. A altura de onda sempre se refire a altura de onda significante. A liña azul do mapa indica os bancos percebeiros.

Para encher a columna da dereita hai que premer en cada un dos semáforos do mapa. O semáforo seleccionado aparecerá remarcado en branco ao pouquiño de facer clic enriba del.



O mapa, como xa é habitual neste tipo de aplicación web, permite facer zoom tanto para achegarse como para alonxarse dun punto, moverse dentro del, etc. O punto escollido é sempre indicado no mapa pequeno na columna da esquerda.



Na columna da dereita amosasen as seguintes variables para cada confraría:

Altura de onda máxima: Refírese a altura significante de onda máxima nun entorno preto a ese banco durante o período permitido de marisqueo.

Dirección e Período, de esa onda que marcou a altura máxima.

Vento máximo: Refírese ao vento con intensidade máxima para un entorno preto a ese banco durante o período permitido de marisqueo. A forza e o estado da mar son calculados segundo este vento máximo marcado.

Temperatura máxima do aire e temperatura da auga son igualmente calculadas para cada confraría e para o período permitido de marisqueo.

As mareas son mareas astronómicas calculadas nos portos de referencia más pretos a ditas confrarías.

Se vostede só quere coñecer as condicións nunha data en particular só tería que volver a premer nun novo semáforo, sen ter necesidade de escoller de novo data e confraría.
 
Foro » Mejillón de Galicia » Enlaces » Percegurú
  • Página 1 de 1
  • 1
Búscar:


Mejillón de Galicia "Mytilus Galloprovincialis" |