Viernes, 06-02-2026, 4:36 AM
Bienvenido(a) Visitante | RSS
[ Nuevos mensajes · Participantes · Reglas del foro · Búscar · RSS ]
  • Página 1 de 1
  • 1
«Saber de planos axúdame para levar a batea»
ManuFecha: Lunes, 29-04-2013, 1:45 PM | Mensaje # 1
General de división
Grupo: Administradores
Mensajes: 355
Reputación: 0
Estatus: Offline
Na casa de Juan Ramón Piñeiro todo estaba máis ou menos previsto para que el saíse bateeiro: «Meu pai tiña bateas e somos dous irmáns, a miña irmá sempre lle gustou estudar, xa encauzou por aí a súa vida, e entón en min pensábase para a batea, como era o home...». Di el así como deixando a frase en suspenso. Pero Juan Ramón tivo outras inquietudes. Marchou estudar a Pontevedra, de onde veu feito delíñante. E encarrilou por aí o seu futuro. Primeiro fíxoo nun estudo de arquitectura. E logo nun de enxeñería, onde traballou facendo un estudo medioambiental da ría. De súpeto, con vinte e tantos anos, a súa vida cambiou: «Xuntáronse dúas cousas, o meu pai enfermou e non podía levar as bateas e eu deixei de ter traballo pola crise. Así que empecei a ir ao mar». E así segue agora.




No seu caso, mirar cara o mar para buscar un emprego foi fácil, porque case da noite á mañá -tras
un período formativo- se converteu no responsable de catro bateas. Non hai drama de paro polo medio. O único que bota de menos é que a crise se colara no seu camiño moi pronto: «O mar é algo que sempre estaba aí, se tivera traballo do meu tardaría máis en cambiar». Aínda así, está contento.

Combina as dúas profesións

Ao bordo do Radiante, o barco no que vai de patrón, explica en poucos minutos que o que lle entrou na cabeza nos seus anos de estudante séguelle servindo. «Eu fago planos de todo. Cando chego á casa debuxo no ordenador as bateas, con cada corda e co mexillón que teñen. Así controlo cal teño que sacar ou desdobrar. Son bastante previsor e gústame poder saír ao mar sabendo xa o que teño que facer».
Efectivamente, como se de un videoxogo deses se tratase, en numerosas follas brancas ten bateas debuxadas, divididas, con datos de como están orientadas e de como hai que poñer o barco para coller cada corda. Así que conclúe: «Saber de planos axúdame a levar a batea». De momento, non pensa moito no futuro. En se volverá a ser delíñante ou se seguirá no mar. «Isto gústame tamén, xa se verá».

Juan Ramón Piñeiro delíñante que agora é mexilloeiro
 
  • Página 1 de 1
  • 1
Búscar:


Mejillón de Galicia "Mytilus Galloprovincialis" |