Viernes, 03-05-2024, 7:33 PM
Bienvenido(a) Visitante | RSS
Formulario de entrada
Menú del sitio
Categorías de la sección
Noticias [180]
Toxina [89]
Nuestra encuesta
Calificar mi sitio
Total de respuestas: 27
Facebook
Estadísticas

Total en línea: 1
Invitados: 1
Usuarios: 0
» 2014 » Abril » 19 » Los socios de Virxen do Rosario expresan su malestar contra el presidente de la asociación
10:11 PM
Los socios de Virxen do Rosario expresan su malestar contra el presidente de la asociación

E unha vergoña como funciona ultimamente este sector. Sobre todo algunha asociación, como VIRXE DO ROSARIO, na que un individuo que se autodenomina “Presidente”, non informa ós seus socios, teñen que enterarse pola prensa do estado concursal da empresa CARSON, despois de que este impresentable lle vendera case 2 millóns de Euros en mexillón dos asociados da agrupación. Os socios levan anos sen cobrar. Namentres ese individuo tivo tempo, para cambiar de coche, cambiar de barco e pasearse por aí coma se nada.

Para que o resto do sector o coñeza un pouco mais, que xa o coñece bastante, leva sen convocar ós socios desde o 2011, sen presentar as contas da asociación dos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, sen convocar eleccións na asociación dende o 2010, (os cargos nesa asociación son só por un ano), está como vedes ben agarrado ó sillón e respaldado por algúns que todos coñecemos. Está representado por un avogado, veciño seu de Cambados, que tampouco se molestou en dar información do que estaba acontecendo, so dá a cara cando ten que dar boas novas pero non cando ten que informar dos acontecementos mais problemáticos, eso si para cobrar non ten problema, gañe ou perda.

O proceso contra CARSON comezou alá polo 2011 despois de que o individuo en cuestión se veu obrigado a presentar contra esa empresa unha demanda por impago e realizar un embargo, cousa que tiña que ter feito 2 anos antes, tanto por non ter cobrado o mexillón como porque en varias ocasións, así llo pedían os bateeiros nas asembleas. Este impresentable foi enganando e dando largas ós socios, pero coñecedor da situación, ata que a empresa non puido seguir traballando xa que supostamente non tiña cartos para pagar ós empregados e nin para pagar a luz. O individuo en cuestión vendeu o mexillón dos asociados coñecendo de primeira man a situación económica da empresa e dicindo sempre que se ía cobrar,(porque, segundo el, tiña garantías da empresa que nunca ensinou) chegou incluso a obrigar a vender mexillón a esta conserveira baixo a ameaza de que quen non vendera sería expulsado da asociación. Así deste xeito mantivo a fabrica traballando e endeudando mais ós bateeiros. Pero onde van os cartos?, as latas do mexillón non están, os cartos tampouco, cal foi o destino tanto do producto como dos cartos?. Era ésta unha estratexia conxunta, ca empresa dunha familia relacionada co narcotráfico, para repartirse os cartos dunha xente á que lle custou tanto traballo e esforzo gañalo?. Os socios, ou parte deles, tiveron que buscarse o sustento incluso vendendo parte dos seus bens para poder seguir ca actividade nalgúns casos e incluso para non ser embargados.

Hai que dicir que catro asociacións nas que non está VIRXE DO ROSARIO solicitaron concurso de acreedores da conserveira CARSON. O motivo, entendo que cobrar. Pero dos 2.350.077,70 € que se reclama a empresa, VIRXE DO ROSARIO é acreedora de 1.931.103,79 €, observando claramente quen financiou a CARSON: foi o “Presidente” de VIRXE DO ROSARIO, a costa dos socios sendo ó final os máximos perxudicados.

Foi este impresentable quen, insisto, vendeu o mexillón a esa empresa polo que el é responsable da débeda. Ese individuo fixo perder moitos cartos, a cosecha de mexillón de mais dun ano, ós socios. Pero canto perdeu el?. Esta e unha cuestión a que nunca respostou. Estou case seguro que non perdeu senón que gañou, e moito.

 

 

Guillermo Outeiral

 

En Boiro a 15 de abril do 2014

 

Este e o meu pensar o cal comparte a meirande parte dos socios de Virxe do Rosario.



 

Categoría: Noticias | Vistas: 496 | Agregado por: Manu | Valoración: 5.0/1
Total de comentarios: 0
avatar
Búscar
MeteoGalicia
Hoy:


Mañana:


Tweets
Archivo de entradas

Mejillón de Galicia "Mytilus Galloprovincialis" |