Sábado, 27-04-2024, 4:23 PM
Bienvenido(a) Visitante | RSS
Formulario de entrada
Menú del sitio
Categorías de la sección
Noticias [180]
Toxina [89]
Nuestra encuesta
Calificar mi sitio
Total de respuestas: 26
Facebook
Estadísticas

Total en línea: 1
Invitados: 1
Usuarios: 0
» 2014 » Febrero » 24 » Os bateeiros afectados polos episodios de biotoxinas de 2013 poderán acceder a 1,5 millóns de euros en axudas
8:45 PM
Os bateeiros afectados polos episodios de biotoxinas de 2013 poderán acceder a 1,5 millóns de euros en axudas

A Consellería do Medio rural e do Mar tramita a orde que regula estas achegas

Para poder beneficiarse delas deberán acreditar que pararon a actividade durante máis de catro meses consecutivos ou que sufriron perdas de máis do 35% do volume anual de negocios da empresa no 2013

A contía da axuda a percibir representará como máximo o 60% da perda sufrida no ano 2013



Os bateeiros que pararon a actividade durante máis de catro meses consecutivos ou que sufriron perdas de máis do 35% do volume anual de negocios da empresa no 2013 debido aos peches por biotoxinas poderán acceder ás axudas que convocará a Xunta proximamente. Anunciouno esta tarde ao sector a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na reunión da Comisión do Mexillón celebrada en Santiago, onde sinalou que o seu departamento destinará a estas subvencións 1,5 millóns de euros.

O obxectivo destas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo da Pesca nun 75%, é compensar aos produtores de moluscos a parada temporal da actividade no 2013 como consecuencia das biotoxinas mariñas. Poderán acceder a elas os titulares de concesións de establecementos de acuicultura que realicen a súa actividade en Galicia e que cumpran estritamente cos requerimentos da orde, que segundo sinalou a conselleira, está en tramitación e sairá proximamente publicada no Diario Oficial de Galicia.

A porcentaxe de perda de produción pola parada da actividade sobre o volume anual de negocios da empresa debe calcularse sobre a base do volume de negocios medio da empresa durante os tres anos anteriores (2010, 2011 e 2012). A contía da axuda a percibir representará como máximo o 60% da perda sufrida.

Unha vez saia a orde que regula estas axudas no DOG, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte da súa publicación. Deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, que estará na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Tamén poderán presentarse en papel.

Estas axudas veñen recollidas expresamente no artigo 31 de medidas de saúde pública do regulamento 1198/2006 do Fondo Europeo de Pesca, e son unicamente aplicables aos titulares de establecementos de acuicultura e coa finalidade exclusiva de compensar as perdas dos peches de biotoxinas.
Categoría: Noticias | Vistas: 420 | Agregado por: Manu | Valoración: 0.0/0
Total de comentarios: 0
avatar
Búscar
MeteoGalicia
Hoy:


Mañana:


Tweets
Archivo de entradas

Mejillón de Galicia "Mytilus Galloprovincialis" |